Unhas xornadas de divulgación mostran as liñas de traballo dos grupos de investigación en Matemáticas
O Instituto de Matemáticas organiza entre o martes 14 e o xoves 16 unha xornadas divulgación a través das que mostrará a actividades de distintos grupos de investigación deste centro. É unha iniciativa especialmente dirixida a alumnado de grao, máster e doutoramento así como a persoal docente e investigador da USC.
Este martes 14 o programa comezará ás 9.30 horas coa apertura das xornadas nunha sesión que contará coa presenza da vicerreitora de Investigación e Innovación, Isabel Rodríguez-Moldes; do director do Instituto de Matemáticas, Alberta Cabada Fernández; e do vicedecano da Facultade de Matemáticas, Jesús Álvarez López. Deseguido, cada un dos distintos grupos presentará as súas liñas de traballo comezando co de Foliacións e sistemas dinámicas, ao que seguirán en quendas de 20 minutos os de Álxebra e xeometría; Modelos de optimización, decisión, estatística e aplicacións; Ecuacións diferenciais non lineares; Simulación e control óptimo en medio ambiente e bioinformática; Observatorio Astronómico Ramón María Aller; rematando co de Enxeñaría matemática.
Xa o mércores e o xoves, están previstas unha serie de conferencias que permitirán o debate e a reflexión sobre a incidencia da investigación matemática en diversos ámbitos dende o punto de vista das liñas de traballo de cada un dos grupos así como presentar os seus resultados recentes e problemas abertos nos que traballan.