Xornadas sobre emprendemento feminino en Dereito
A entrada da muller no tecido do emprendemento e no mundo empresarial centra unhas xornadas que este xoves 8 e o venres terán lugar na Facultade de Dereito organizadas por estudantes da USC enmarcadas no programa Iniciativa Xove da Xunta de Galicia.
Nestas xornadas sobre emprendemento feminino, que inaugurará ás 16.00 horas a directora xeral de Xuventude e Voluntariado, participarán docentes e persoal investigador da USC, profesionais da avogacía e especialistas en fiscalizade, entre outros relatores.
O liderado feminino, a protección xurídica dos dereitos da muller traballadora, o emprendemento feminino de risco nun contexto migratorio ou as escolas de negocio serán algún dos temas a tratar no encontro.