Unhas xornadas na EPS reflexiona sobre os sistemas de xestión de residuos gandeiros
O Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural da USC (IBADER) colabora co Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL) na organización dun ciclo de xornadas técnicas sobre xestión e valorización de subprodutos procedentes do sector agroalimentario. A primeira das xornadas estará dedicada á xestión de residuos gandeiros e celebrarase este xoves 28 na Escola Politécnica Superior a partir das 9:30 horas. Trataranse temas relacionados cos aspectos agronómicos e ambientais da aplicación de puríns, describindo diferentes sistemas de xestión (separación sólido-líquido, biodixestión ou aplicación ao solo). Ademais exporanse diversas experiencias de xestión en empresas galegas dedicadas á fabricación de adubos orgánicos de calidade a partir de estercos sólidos, entre outros. Na sesión de apertura intervirán o director do IBADER, o profesor Antonio Rigueiro e o director xeral do CETAL, Eduardo Vidal.