Ir o contido principal

Unhas xornadas familiarizan a comunidade universitaria cos xogos tradicionais galegos

O Servizo de Deportes da USC organizará este xoves 4 e o próximo día 11 de maio as xornadas de xogos tradicionais galegos para a comunidade universitaria da USC, unha iniciativa de carácter gratuíto que se celebrará no campo de hóckey de Campus Vida. O seu obxectivo é animar a facer e promover os xogos tradicionais entre os universitarios/as ao tempo que mellorar a condición física.

Ao longo das dúas xornadas programadas quen se achegue coñecerá o regulamento e os fundamentos da billarda, os bolos celtas e a chave. Os horarios previstos para ambos días celebraranse entre as 11.00 e as 12.30 horas e entre as 18.00 e as 19.30 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.05.2017.