Ir o contido principal

Xornadas informativas na USC sobre o novo Programa Marco de Investigación e Innovación da UE Horizon 2020

O próximo 11 de decembro lanzaranse as primeiras convocatorias do novo Programa Marco de Investigación e Innovación da UE ‘Horizon 2020 (H2020)’ para o período 2014-2020. Por esta razón na USC organízanse este mes unha serie de sesións informativas para presentar as oportunidades de financiamento que existen. A primeira será o luns 9 en Lugo, no edificio Cactus ás 12.00 horas, e nela explicaranse os obxectivos, estrutura, regras de participación e outras iniciativas de Horizon 2020. O programa continúa o día 11 en Ciencias Políticas nunha sesión na que se porá acento no reto Social 6 ‘ Sociedades Inclusivas’ dirixido a áreas de Ciencias Sociais e Humanidades. O día 12 repítese a sesión de Lugo para o campus compostelán na Facultade de Física, mentres que o 13 a sesión na ETSE se centrará no reto social 5 ‘Acción polo clima, medioambiente, eficiencia nos recursos e materias primas’.

O programa destas xornadas informativas pecharase con sesións dedicadas a Sociedades inclusivas, Nanotecnoloxías, materiais avanzados e biotecnoloxías e Tecnoloxías facilitadoras en TIC os días 17, 18 e 19 de decembro, respectivamente.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.12.2013.