Ir o contido principal

Xornadas de innovación e ‘coaching’ educativo na escola en Ciencias da Educación, no marco da Universidade de Verán

Cartaz da Universidade de Verán 2016
Cartaz da Universidade de Verán 2016

A Facultade de Ciencias da Educación de Santiago acollerá os días 19 e 20 de xullo, as ‘ III Xornadas de verán de ‘coaching’ educativo: A innovación desde a ecola’, un foro incluído na programación da Universidade de Verán 2016 que está dirixido pola profesora Beatriz García Antelo e Nelly Rey Rey, de Identia Coaching e Formación.

Estruturado en 16 horas lectivas e sen límite de prazas, o programa da terceira edición das xornadas de coaching educativo contemplan a celebración de relatorios, seminarios e obradoiros, a través dos que as persoa participantes terán a ocasión de coñecer as técnicas, prestacións e aplicacións do coaching na escola. Nelly Rey abrirá o 19 de xullo a quenda de relatorios cunha sesión informativa sobre o coaching e as súas utilidades. A continuación desenvolveranse varios seminarios sobre coaching familiar, inspiración, deberes escolares e exames.... O programa de tarde está estruturado en varios obradoiros. A xornada de clausura desta actividade da Universidade de Verán 2016 da USC permitirá a posta en común de diversas experiencias xa desenvolvidas e rematará cunha sesión guiada pola pedagoga María Penas que leva por título ‘Ioga da Risa’. As persoas interesadas en obter máis información respecto do programa deste seminario formativo, que non conta con límite de prazas, poden facelo a través da web da Universidade de Verán 2016 da USC, onde tamén se é posible formalizar a inscrición neste curso, para o que está aberta a matrícula.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.06.2016.