As I Xornadas Internacionais de Asesoramento Rural da Rede Igsea citan uns 150 participantes no campus de Lugo
As I Xornadas Internacionais de Asesoramento Rural e formación de Asesores promovidas pola Rede de Investigación para la Xestión Sustentable da Empresa Agroalimentaria (Igsea) da USC en colaboración coa Dirección Xeral de Producción Agropecuaria da Consellería do Medio Rural e do Mar citarán os días 19 e 20 de outubro uns 150 participantes. O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, e o coordinador destas xornadas, o tamén profesor da USC e director da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (APLTA) abrirán as xornadas ás 9.30 horas, no salón de actos da Escola Politécnica Superior. O mesmo escenario acollerá, ás 10.00 horas, o relatorio inaugural das xornadas, a cargo da subdirectora Xeral de Modernización das Explotacións do Ministerio de Agricultura, Ana María Arbiza. A Rede Igsea busca a través destas xornadas dar a coñecer a importancia da correcta organización dos servizos de asesoramento ás explotacións e Pemes agrarias, a fin de mellorar así a súa xestión sustentable e a rendibilidade, ademais de promover o desenvolvemento económico e social das áreas rurais. A exposición e posterior debate sobre as diferentes opcións de organización e fórmulas de prestación de asesoramento existentes en Europa é outro dos obxectivos fixados polos promotores destas xornadas, que tamén queren subliñar a importancia da formación para mellorar a eficacia do servizo de asesoramento A proposta de iniciativas orientadas a mellorar e optimizar o emprego dos fondos públicos destinados a formación de asesores e á realización de asesoramento agrario figura tamén entre os propósitos destas xornadas de asesoramento agrario. Este foro de carácter monográfico e que desenvolverá a súas sesións en inglés e castelán, está dirixido á participación de profesionais relacionados co asesoramento a explotacións agrarias: asesores e provedores de servizos de extensión rural privados e públicos, xerentes de cooperativas, persoal de las administracións rexionais e nacionais, docentes, investigadores e estudantes universitarios. Unha vez rematado o programa de intervencións previstas xornadas, nas que está previsto que participen como relatores expertos de varios países, procedentes tanto de entidades públicas como privadas, con ampla experiencia na organización de servizos de asesoramento e na formación de asesores, na xornada do martes desenvolverase un workshop sobre formación de asesores rurais, a partir das 12.00 horas, na Facultade de Administración e Dirección de Empresas.
Miguel Ángel Mena Garrido, do Ministerio de Agricultura, conducirá, a través de vídeo conferencia, unha sesión formativa durante a que dará conta sob re o contido e a metodoloxía desta formación.