Ir o contido principal

As Xornadas Interxeracionais Rurais ‘Aprendendo cos nosos maiores’ continúan os días 31 de maio e 7 de xuño

Detalle do cartel
Detalle do cartel
As sesións botaron a andar este sábado 24 e serviron de marco para conmemorar o Día das Letras Galegas
Lugo

O Departamento de Pedagoxía e Didáctica da USC, a Asociación de Veciños de Cabreiros e o Concello de Xermade organizan as Xornadas Interxeracionais Rurais ‘Aprendendo cos nosos maiores’. As sesións que botaron a andar este sábado 24, continuarán os días 31 de maio e 7 de xuño.

Logo dunha primeira sesión que serviu de marco para festexar o Día das Letras Galegas, o foro continuará o último día de maio abordando cuestións como as doazóns de sangue ou medula, o relevo xeracional no agro, ou o relatorio da educadora ambiental e contadora de historias, Inma Soto Iglesias, quen presenta Xela, dous contos infantís ilustrados para sensibilizar no coidado do medio.

A derradeira das sesións constará dunha viaxe a Compostela dende Cabreiros para visitar o Museo do Pobo Galego e a Cidade da Cultura. É preciso inscribirse a través do móbil 686 104 780.

Friol

Ademais, o pasado sábado 24, en quenda de tarde, profesorado do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da USC impulsou outro acto conmemorativo do Día das Letras Galegas no Concello de Friol no que se reivindicou a figura das cantareiras e no que se presentou o proxecto 'Cántigas da Ulla'. 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.05.2025.