Ir o contido principal

As Xornadas Interxeracionais Rurais da USC chegan á súa quinta edición

‘Aprendendo cos nosos maiores’ é o lema que resume a finalidade das V Xornadas Interxeracionais Rurais que a USC organiza os días 30 de maio, 6 e 13 de xuño no Concello de Xermade nun intento por “seguir constituíndo un espazo de reflexión e debate para as persoas maiores do municipio”, sinalan os promotores da iniciativa.
O encontro está dirixido fundamentalmente ás persoas maiores que poderán asistir a charlas, presentación de ofertas de programas, visitas e festas culturais. O obxectivo é que as persoas maiores e as máis novas poidan desenvolver un traballo conxunto xa que, como apuntan os organizadores, “un dos grandes desexos e legados dos nosos maiores é que sexan escoitados e podernos transmitir todo o que aprenderon durante a súa vida”.
Estas xornadas están recoñecidas cun crédito de libre configuración para todas as titulacións da USC e da Universidade da Coruña. A matrícula pode formalizarse ata o 27 de maio. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden poñerse en contacto co profesor da Facultade de Ciencias da Educación Jesús Rodríguez (dojesus [at] usc.es (dojesus[at]usc[dot]es)) ou coa Asociación de Veciños Cabreiros (Mar Franco ou Chus Gato).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.04.2009.