As Xornadas de Orientación en liña achegarán información de utilidade ao futuro alumnado universitario
Dirixidas a alumnado que vai acceder á universidade o vindeiro curso académico, a USC celebrará este martes 14 e o mércores 15 unhas Xornadas de Orientación en liña coas que pretende achegar información de utilidade sobre os distintos procesos que é preciso desenvolver así como sobre a oferta docente servizos que a institución universitaria brinda á comunidade universitaria.
Tanto o martes como o mércores está programada unha videoconferencia ás 16.00 horas dedicada especificamente ao proceso de preinscrición nas universidades galegas. Do mesmo xeito, a web de acceso á xornada oferta igualmente contacto directo coa Oficina de Información Universitaria da USC para as dúbidas concretas.
As persoas interesadas poderán acceder ademais de xeito individualizado a cada unha das titulacións ofertadas pola USC coa opción de interactuar a través dunha videoconferencia cun/ha representante de cada grao, para realizar todas as consultas relativas a ese título en concreto. Completando o conxunto inclúese información de servizos destacados como o de Residencias, o de Deportes, o de Relacións Exteriores, ou a Área de Cultura, entre outros.