Ir o contido principal

Unhas xornadas de simulación e control en Ciencias da Terra citan na EPS investigadores de Galicia e México

Cartaz das xornadas
Cartaz das xornadas
A inscrición neste foro, promovido por investigadores do Grupo de Simulación e Control Óptimo en Medio Ambiente e Bioinformática, permanece aberta

Unhas xornadas de simulación e control en Ciencia da T erra, promovida polos investigadores do Departamento de Matemática Aplicada da USC do Grupo de Simulación e Control Óptimo en Medio Ambiente e Bioinformática Miguel Vázquez e Miguel Vilar, citarán os días 25 e 26 de xuño na Escola Politécnica Superior do campus de Lugo investigadores de Galicia e de México. O prazo de inscrición permanece aberto na web do citado grupo de investigación da USC. O obxectivo destas xornadas, organizadas gracias á colaboración recibida da Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo da USC, Deputación de Lugo e do Ministerio de Economía e Competencia, a través do proxecto MTM2012-30842 participado por Feder, pasa por amosar algunha das aplicacións no ámbito das Ciencias da Terra no que está especializado o campus de Lugo. O programa deste foro, que xurde a consecuencia do auxe experimentado pola simulación numérica e o control óptimo nas últimas décadas e que na actualidade constitúen disciplinas cun vasto campo de reunirá durante dúas xornadas na Escola Politécnica Superior da USC a expertos en diferentes campos da enxeñaría agraria, forestal, hidráulica, hidroloxía, enerxías renovables… con outros especialistas en simulación numérica e control óptimo de sistemas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.06.2015.