Xosé Ramón Pousa Estévez toma posesión como decano da Facultade de Ciencias da Comunicación
O profesor do Departamento de Ciencias da Comunicación Xosé Ramón Pousa Estévez tomará posesión este mércores 17 do seu cargo de decano da Facultade de Ciencias da Comunicación. O acto que presidirá o reitor Juan Viaño terá lugar ás 14.00 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome. Pousa obtivo en outubro o respaldo do seu centro nunha votación á que só se presentaba a súa candidatura e que obtivo 18 votos a favor, 2 en contra e 4 abstencións. Os profesores Antía López Gómez e Francisco Campos Freire, en calidade de vicedecanos, e Marcelo Martínez Hermida, como secretario, completan o novo equipo decanal.