Ir o contido principal

Xosé Ramón Pousa Estévez toma posesión este venres como decano de Ciencias da Comunicación

Xosé Ramón Pousa Estévez tomará oficialmente posesión do seu cargo como decano de Ciencias da Comunicación este venres 26 nun acto que presidirá ás 13.30 horas na Facultade o reitor Antonio López. O profesor Pousa estará acompañado do resto do equipo decanal, os docentes Francisco Campos, Antía López e Carlos Toural, que xa o acompañaran no seu primeiro mandato á fronte do centro.

O profesor titular de Comunicación Audiovisual e Publicidade da USC Xosé Ramón Pousa Estévez (Compostela, 1953) é doutor en Ciencias da Información pola Universidade Autónoma de Barcelona na que estudou Xornalismo. Como investigador pertence ao Grupo Novos Medios e coordinou varios proxectos financiados polo Ministerio de Educación e a Xunta de Galicia relacionados co estudio da audiencia radiofónica, a aplicación de novas tecnoloxías dixitais ou a utilización de ferramentas de comunicación no mundo da empresa, entre outros.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.10.2018.