Ir o contido principal

Xuntanza do Consello de Goberno da USC

O Consello de Goberno da USC celebra este mércores 28 unha xuntanza ordinaria que presidirá o reitor Juan Casares a partir das 9.30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome. A orde do día da xuntanza contempla unha proposta de contratación de catro profesores eméritos para o presente curso, así como doutros cinco en calidade de profesores ad honorem, o recoñecemento docente por actividades ou cargos e un punto sobre complementos retributivos autonómicos. O órgano colexiado deberá nomear tamén aos membros da Comisión Reitoral do CITIUS e tratar prazas de persoal docente e investigador ou o expediente de renovación da rede de fibra Zona Monumental.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.09.2011.