Ir o contido principal

Xuntanza do Consello de Goberno da USC

O Consello de Goberno da USC reúnese este xoves 19 a partir das 9:30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome, nun encontro no que entre outros asuntos, se abordará a aprobación de novas titulacións adaptadas aos Espazo Europeo de Educación Superior.
Na orde do día tamén se inclúe modificacións de titulacións de máster universitario, os complementos retributivos autonómicos, a regulación da mobilidade intercampus ou a adscrición funcional a efectos de docencia das materias de titulacións de grao a departamentos e áreas de coñecemento.
A prórroga do contrato das figuras de profesor axudante doutor e de profesor colaborador, a proposta de doutoramento honoris causa, cursos de posgrao propio, prazas de profesorado e cambios de dedicación completa a orde do día desta xuntanza do órgano colexiado.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.11.2009.