Ir o contido principal

Xuntanza ordinaria do Consello de Goberno

O Consello de Goberno tratará este xoves 10 o calendario académico e o límite de prazas en titulacións de grao, másteres e programas de doutoramento para o vindeiro curso 2016-2017, nunha sesión ordinaria que comezará ás 10.30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.

Na mesma xuntanza someterase a aprobación a normativa de Planificación Académica Anual para o vindeiro curso, así como o regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos traballos fin de grao e fin de máster ou o de Estudos de Doutoramento da USC, e a viabilidade de novas propostas e modificacións de títulos de grao, máster e doutoramento do próximo curso.

Outros puntos incluídos na orde do día son a convocatoria ordinaria de prazas do Servizo Universitario de Residencias, a dirixida a estudantes internacionais e os prezos para visitantes e asistentes a congresos do próximo curso, así como a convocatoria de verán deste mesmo ano. Tamén se tratará, entre outros temas, a convocatoria para a asignación de prazas na Escola Infantil Breogán en 2016-2017 ou a creación da plataforma tecnolóxica Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias e a proposta de creación dunha empresa como EBT da USC no ámbito da enxeñaría agroforestal dedicada a teledetección de alta resolución e aplicación de instrumentación analítica específica.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.03.2016.