O xurado do premio Aresa de Desenvolvemento Rural dá a coñecer o gañador da décima edición do certame
Os membros do xurado do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural reuniranse este mércores 16 para elixir o gañador deste galardón que recoñece o traballo a prol do desenvolvemento da economía rural galega. Trátase dunha edición moi especial, xa que o certame celebra o seu décimo aniversario, consolidándose como un dos máis recoñecidos dentro do sector profesional ao que se dirixe, tanto polo seu prestixio como pola dotación económica de dez mil euros da que vén acompañado.
O xurado deste ano, composto polo reitor da USC, Senén Barro Ameneiro; o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero Latorre; o presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras; o reitor da Universidad de Las Palmas de Gran Canaria, José Regidor García; e o ex reitor da USC e académico da Real Academia Española da Lingua, Darío Villanueva Prieto, fará público o seu ditame ante os medios de comunicación o mércores ás 17:00 horas na Sala de Prensa da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo.