Ir o contido principal

O xurado do premio Aresa de Desenvolvemento Rural dará a coñecer o gañador do oitavo certame

Os membros do xurado do premio Aresa de Desenvolvemento Rural reuniranse este venres 14 para elixir ao gañador deste certame, que acada a súa oitava edición e que conta cun montante total de dez mil euros. O edificio da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo acollerá esta reunión, que dará comezo ás 11:00 horas e que fará público o seu veredicto ante os medios de comunicación ás 12:30 horas.
Nesta comunicación pública estarán presentes os tres membros habituais do xurado: o reitor da USC, Senén Barro; o vicerreitor de Lugo, Carlos Herrero, e o presidente do grupo empresarial lucense que da nome ao galardón, Álvaro Rodríguez Eiras. A eles súmanse este ano o reitor da Universidade de Salamanca, José Ramón Alonso Peña, e o catedrático de Endocrinoloxía e Nutrición da Facultade de Medicina da Complutense de Madrid Aniceto Charro Salgado.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.12.2007.