Ir o contido principal

O xurado do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural elixe este venres gañadora de entre as nove candidaturas presentadas

O venres 14 dáse a coñecer en Lugo o premiado desta XIII edición do galardón, impulsado pola empresa de subministros agrogandeiros e a USC

O venres 14 ás 12.30 horas darase a coñecer na Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo o ditame do xurado da décimo terceira edición do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, que promoven a USC e este grupo empresarial lucense. O gañador sairá de entre as persoas e entidades que presentaron as nove candidaturas desta edición en forma de traballos de investigación, iniciativas emprendedoras ou traxectorias persoais e profesionais. O ditame do premio producirase tras a reunión do xurado, do que forman parte o reitor da USC, Juan Casares; o presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras; o reitor da Universidad de Extremadura, Segundo Píriz; Carlota López, conselleira de Aresa; e o vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón, quen actuará como secretario. Nos proxectos desta edición o xurado valora especialmente, ademais da súa orixe galega, o feito de que ofrezan produtos para Galicia, a súa capacidade para crear emprego, a súa viabilidade empresarial e a incorporación de elementos de investigación, desenvolvemento e innovación, e deixa aberta a posibilidade de que o grupo empresarial Aresa se involucre directamente no acompañamento do proxecto.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.12.2012.