O xurado do Premio Humanitas reúnese este luns
O xurado Premio Humanitas reunirase o vindeiro luns, día 12, a partir das 17:00 horas no Salón de Plenos do Consello Social para emitir o ditame correspondente á cuarta convocatoria deste premio. O gañador recibirá un premio en metálico e a insignia de ouro da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC (AAAAUSC) nun acto público que se celebrará posteriormente.
O xurado está formado polo presidente do Consello Social da Universidade, Manuel Puga Pereira; o voceiro do Consello Social, Emilio Crespo Correa; o Presidente da AAAAUSC, Perfecto Yebra Martul-Ortega; e polo secretario da mesma Santiago Amor Barreiro. Por parte da Universidade, asistirá o vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social, Jose M. Mayán Santos.