Ir o contido principal

O xurado do V Premio Humanitas reúnese este xoves na Casa da Concha

O xurado do V Premio Humanitas que convocan conxuntamente o Consello Social e a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC (AAAAUSC) reúnese este xoves 22 para emitir o seu ditame. A xuntanza será ás 17:00 horas no Salón de Plenos do Consello Social da USC (Casa da Concha).
O presidente do Consello Social da USC, Manuel Puga, preside o xurado que está ademais formado polo voceiro do Consello Social Emilio Crespo, e o presidente e secretaria da AAAAUSC, Perfecto Yebra e Luisa Balsa. Por parte do equipo de goberno da Universidade asistirá a vicerreitora de Profesorado e Organización Académica, Mª Dolores Domínguez Santos.
O gañador recibirá un premio en metálico de 3.000,00 € e unha insignia de prata da Asociación nun acto público que se celebrará posteriormente.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.01.2009.