Ir o contido principal

O xurado do XII Premio Aresa de Desenvolvemento Rural emite este martes en Lugo o seu ditame

O xurado do XII Premio Aresa de Desenvolvemento Rural que promoven a USC e o grupo lucense Aresa reunirase este martes 20 ás 11.00 horas na Vicerreitoría de Lugo para debater sobre as sete candidaturas presentadas e coñecer o nome da persoa ou entidade gañadora da presente edición. O ditame comunicarase aos medios de comunicación nunha rolda de prensa prevista para as 13.00 horas na Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo.

O xurado deste ano confórmano o reitor da USC, Juan Casares Long; o presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras; o vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón; o reitor da Universidade portuguesa de Trás-os-Montes e Alto Douro, Carlos Alberto Sequeira; e o presidente da Confederacion de Empresarios de Galicia, Antonio Fontenla Ramil.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.12.2011.