Ir o contido principal

O XXI Coloquio Internacional de Lingüística Latina reúne máis dun centenar de especialistas en Filoloxía

De esquerda a derieta, Benedict Buono, López Couso, Elías Torres e Concepción Cabrillana, na apertura do coloquio
De esquerda a derieta, Benedict Buono, López Couso, Elías Torres e Concepción Cabrillana, na apertura do coloquio
Os participantes nesta cita bienal, que rende homenaxe ao autor de ‘Sintaxe latina de Oxford’, o holandés Harm Pinkster, debaten ata o venres en Compostela sobre sintaxe, semántica, pragmática, lexicografía, fonética, morfoloxía e outras cuestións relevantes da lingüística latina
Santiago de Compostela

O XXI Coloquio Internacional de Lingüística Latina reúne ata o venres na Facultade de Filoloxía da USC máis dun centenar de investigadores procedentes de case todos os países de Europa, Estados Unidos, así como de varias nacións de América Latina e incluso de Asia. A vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso, inaugurou esta cita de carácter bienal no marco dun acto no que tamén participaron o decano da Facultade de Filoloxía, Elías Torres, a catedrática de Filoloxía Latina, Concepción Cabrillana, e o director do Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana da institución académica compostelá, Benedict Buono.

O Coloquio Internacional de Lingüística Latina rende nesta edición unha particular homenaxe ao recoñecido lingüista holandés xa finado Harm Pinkster, autor, entre outras obras de ‘Sintaxe Latina de Oxford’ e considerado como impulsor destas reunións científicas que botaron a andar en 1981 en Ámsterdan.

O programa deste coloquio, organizado bajo los auspicios del Comité Internacional de Lingüística Latina, que está constituido por membros das universidades de Ámsterdam, Autónoma de Madrid, Bolonia, Innsbruck, Jerusalén, As Palmas de Gran Canaria, Liexa, París-Sorbona, Roma-Tor Vergata, Toulouse e Uppsala, permitirá aos investigadores participantes debater e intercambiar coñecementos sobre sintaxe, semántica, pragmática, lexicografía, fonética, morfoloxía e outras cuestións relevantes da lingüística latina, tanto desde unha perspectiva sincrónica como diacrónica.

O comité local que responsable da organización desta reunión científica, formado por profesores do Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana da USC, salienta os logros académicos a contribución científica deixada por Harm Pinkster, méritos que lle permitiron ser distinguido pola Casa Real de Holanda como Cabaleiro da Orde do León Holandés. Así, despois de lembrar as visitas por motivos académicos realizadas no seu día Pinkster á USC, os organizadores locais deste XXI Coloquio Internacional de Lingüística Latina sinalan os dous completísimos tomos de ‘Sintaxe Latina de Oxford’ como un “auténtico fito dentro de la lingüística latina”.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.05.2022.