O XXIX Maratón Fotográfico do Campus pon o foco no caos
O XXIX Maratón Fotográfico do Campus de Lugo, unha das citas máis consolidadas da programación organizada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, xirou os focos da súa última edición cara as estampas representativas de caos que se poden advertir na cidade nunha xornada dominical a prol da creatividade artística na que tomaron parte preto de 40 persoas.
O xurado deste certame fotográfico, una cita sobradamente consolidada na oferta cultural luguesa e coordinada polo integrante do grupo cinematográfico Fonmiñá Eduardo Ochoa, fará pública a súa resolución o vindeiro 6 de novembro no marco dunha sesión pública durante a que tamén se procederá a inauguración dunha mostra coas vinte imaxes máis valoradas de todas as presentadas a concurso.
Do mesmo xeito que en edicións anteriores, o XXIX Maratón Fotográfico do Campus de Lugo está dotado con 900 euros en premios para os participantes galardoados cos premios Carlos Valcárcel, que distingue a mellor imaxe presentada a concurso; Eduardo Ochoa, galardón que recoñece a mellor fotografía representativa de caos, que centrou a temática proposta pola organización, e un terceiro recoñecemento, tamén con gratificación económica, trofeo e diploma, para a mellor creación de temática libre.
A elaboración dun calendario con 12 das imaxes presentadas a concurso e a apertura, prevista para o 6 de novembro, a partir das 20.00 horas, na Biblioteca Intercentros, dun exposición composta por 20 imaxes que logo viaxarán á Biblioteca Provincial Lugo, completarán o percorrido da última edición desta xa senlleira oda artística.