Ir o contido principal

A XXVII Promoción de Enfermaría de Lugo celebra a súa graduación

A XXVII Promoción da Escola Universitaria de Enfermería do Campus de Lugo celebra este xoves, día 21, o acto académico da súa graduación, que terá lugar no Auditorio da Facultade de Veterinaria ás 18:00 horas.
A ceremonia comezará co relatorio da directora da Fundación Pública de Urxencias Sanitarias do 061, María Cegarra García, quen falará sobre o papel da enfermaría neste servizo. A continuación intervirán o director da Escola de Enfermaría de Lugo, José Luis Díaz, e os padriños da promoción, o director provincial do Servizo Galego de Saúde, José Luis Rodríguez, e a supervisora de área do Complexo Hospitalario Xeral Calde, María José Rego.
O acto rematará coa entrega de diplomas e insignias aos recén graduados e cun concerto da Coral Hospital Xeral Calde de Lugo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.06.2007.