Ir o contido principal

Mayor Zaragoza transmite na USC ‘a forza da palabra’

Mayor Zaragoza transmite na USC ‘a forza da palabra’
Mayor Zaragoza transmite na USC ‘a forza da palabra’
O reitor Juan Casares recibiu ao presidente de Cultura de paz, que impartiu unha charla na Facultade de Ciencias da Educación

O presidente da Fundación para una Cultura de Paz, Federico Mayor Zaragoza, visitou este venres 9 a USC, onde foi recibido polo reitor Juan Casares antes de acudir á Facultade de Ciencias da Educación, onde impartiu a charla titulada ‘Da forza á palabra, a transición histórica que se aveciña’. Mayor Zaragoza departiu con alumnos e profesores sobre os logros conseguidos en materia de educación para a paz nos últimos anos, así como o traballo que nesta materia resta por facer e explicou a transición que para a humanidade supón apartar a forza en favor do uso da palabra e as consecuencias de dar este paso. O Presidente de Cultura de Paz visitou en varias ocasións a Universidade de Santiago para participar en numerosas charlas, encontros e seminarios, nos que achega a súa experiencia como experto en educación, así como para falar do traballo que neste campo desenvolve a fundación que preside.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.05.2014.