Ir o contido principal

Actualidade

A robotización aumenta as producións, e mellora o rendemento e a calidade de vida e de traballo no sector agrogandeiro

O responsable de márketing de Lely Ibérica, Alberto Sánchez, e o presidente de Kubota España, Germán Martínez, destacaron as vantaxes derivadas da automatización diante de máis de 70 participantes nunhas xornadas sobre sobre robótica agrícola e gandeira, que continúan este martes na EPSE con relatorios dos investigadores Ángela Ribeiro e Dionisio Andújar, do Centro de Automática e Robótica do CSIC

Ler máis

Un curso sobre deseño e análise de experimentos abre o martes o programa de formación específica do Campus Terra

A propiedade industrial e intelectual e o uso de patentes para a creación de valor centra, a partir do 20 de xullo, outro seminario do Campus Terra, que continuará as súas accións formativas en setembro, outubro e novembro coa celebración de 14 cursos de temática específica dirixidos a estudantes de grao e mestrado, PDI e tecido produtivo. A inscrición é gratuíta e xa está aberta en liña

Ler máis

Humanidades fornece o “afán profesional” do seus titulados cun manual de xestión cultural na era dixital

O conselleiro Román Rodríguez salienta na presentación do volume coordinado polos profesores Gonzalo Fernández Suárez e Dolores Fernández Tilve que o grao en Xestión Cultural constitúe unha visión moderna das Humanidades clásicas que sintetiza con harmonía xestión, cultura e mundo dixital e atende as necesidades dun sector que ocupa 30.000 persoas e representa o 3% do PIB de Galicia

Ler máis