Skip to main content

O reitor presidirá o acto de graduación da oitava promoción do máster en Enxeñaría Ambiental

O reitor Juan Casares presidirá este venres, 28 de marzo, o acto de graduación da oitava promoción do Máster en Enxeñaría Ambiental, que terá lugar no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría a partir das 17.00 horas.

Tras a foto oficial da promoción e a apertura do acto por parte do reitor, están previstas as intervencións dun representante do alumnado; do padriño da promoción, o profesor Gumersindo Feijoo Costa; e do coordinador do máster, o profesor Francisco Omil Prieto. O acto contará tamén coas achegas do responsable de Medio Ambiente da Factoría PSA PEUGEOT CITRÖEN de Vigo, Rogelio Méndez Prieto, e o director de operacións de VIAQUA, José Antonio del Rey Martín.

The contents of this page were updated on 03.27.2014.