Skip to main content

Entrega de diplomas do VII Máster Paulo Fabio en Dirección de Recursos Humanos en Relacións Laborais

A directora de Abante B.P.O., Mercedes Vázquez Martínez, ofrecerá o relatorio ‘Os recursos humanos na estratexia da empresa’

A Escola Universitaria de Relacións Laborais do campus de Lugo acollerá este venres, 31 de maio de 2013, a partir das 18.00 horas, a cerimonia de entrega de diplomas aos/ás alumnos/as da VII Promoción do Máster Paulo Fabio en Dirección de Recursos Humanos.

O acto institucional, que se desenvolverá no salón de graos do centro universitario lugués, comezará coa lectura da lección maxistral a cargo da madriña desta sétima promoción, a directora de Abante B.P.O., Mercedes Vázquez Martínez, que ofrecerá un relatorio baixo o título ‘Os recursos humanos na estratexia da empresa’. Ao remate da lección maxistral procederase á entrega de diplomas aos/ás nove alumnos/as que completaron esta sétima edición do Máster Paulo Fabio en Dirección de Recursos Humanos, que tamén agasallarán cun recordo á madriña da promoción. As intervencións da directora da Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo, Mercedes Montes Rodríguez; do director do Máster Paulo Fabio en Dirección de Recursos Humanos, Guillermo Álvarez de Neyra Kappler, e da vicepresidenta da Deputación Provincial de Lugo, Lara Méndez, servirán para pechar este acto, que está aberto á participación de todo o público interesado.

The contents of this page were updated on 05.31.2013.