Relacións Laborais abre a matrícula para dous novos cursos de inglés que comezará a impartir en marzo
A Escola Universitaria de Relacións Laborais vén de abrir o prazo de inscrición nos cursos de inglés falado e escrito que se impartirán no centro universitario a partir da primeira semana do mes marzo e cuxa duración se prolongará ata maio de 2013.
O curso de speaking de consolidación de contidos nivel B1 ofertado neste segundo cuadrimestre na Escola Universitaria de Relacións Laborais desenvolverase do 5 de marzo ata o 21 de maio. Este módulo formativo, estruturado en 30 horas e para o que está solicitado o recoñecemento dun crédito de libre elección, impartirase os martes e os xoves en horario de 12.30 a 14.00 horas. O prezo da matrícula é de 75 euros e os interesados poderán inscribirse ata unha semana antes do inicio do curso. Este seminario de inglés nivel B1 programado para o segundo cuadrimestre comezará o próximo venres, día 1 de marzo nas instalacións do centro universitario lugués. As sesións formativas impartidas no marco deste curso terán lugar de luns a venres, en horario de 10.00 a 12.00 horas. O prezo de matrícula neste curso, de 90 horas de duración e para o que se tramitou a solicitude de recoñecemento de tres créditos de libre elección para os matriculados en titulacións da Universidade de Santiago, é de 90 euros. Os interesados poden formalizar a súa matrícula na secretaría da Escola Universitaria de Relacións Laborais do campus de Lugo ata o xoves 28 de febreiro.
Os interesados en obter máis información respecto dos contidos como dos requerimentos precisos para formalizar a inscrición nesta oferta de ensinanzas programada pola Escola Universitaria de Relacións Laborais do campus de Lugo poden chamar ao número de teléfono 982824801 o dirixir as súas peticións ao enderezo de correo electrónico josefina.bergantinos [at] usc.es (josefina[dot]bergantinos[at]usc[dot]es).