Un curso na ETSE ensina técnicas emerxentes para reducir as emisións de dióxido de carbono en procesos cunha elevada produción do gas
O próximo xoves 18 dará comezo na Escola Técnica Superior de Enxeñaría un curso sobre Tecnoloxías CAC (Captura e Almacenamento de CO 2) que pretende formar ao estudantado nas técnicas emerxentes para reducir as emisións de dióxido de carbono en procesos nos que existe unha elevada produción dese gas desde distintos puntos de vista. Organizado polos profesores José M. Navaza e Diego Gómez e impartido por docentes universitarios e profesionais industriais, o curso abarcará distintos temas relacionados coas titulacións de Enxeñaría Química como son o uso de reactores, estratexias de separación, fluxo de fluídos ou custes, entre outros asuntos.