Skip to main content

O Fondo de Emprendedores Fundación Repsol presentarase na USC a vindeira semana

O Fondo de Emprendedores Fundación Repsol presentarase a vindeira semana na USC nos Campus de Santiago e de Lugo. Na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Compostelá participarán a demais do reitor Juan Casares, membros directivos da Fundación Repsol e representantes da refinería Repsol na Coruña. Nesta presentación exporanse os obxectivos deste Fondo dirixido a promover proxectos empresariais no campo da eficiencia enerxética e a apoialos para o seu desenvolvemento. Todos os proxectos seleccionados contarán coas capacidades e infraestruturas tecnolóxicas do Grupo Repsol. Ofreceráselles asesoramento tecnolóxico, legal e empresarial, ademais dunha dotación de entre 6.000 e 12.000€ por mes e proxecto empresarial, durante o período de incubación, así como axuda na procura de financiamento na fase de desenvolvemento.

The contents of this page were updated on 10.17.2012.