Estudantes de Relacións Laborais do Campus lugués visitaron o Parlamento de Galicia e o Consello Galego de Relacións Laborais

Os alumnos da Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo visitaron estes días o Parlamento de Galicia e o Consello Galego de Relacións Laborais, co fin de coñecer o funcionamento destas entidades públicas.
As visitas consistiron nun percorrido polas instalacións de ambos os dous organismos. No Parlamento, os estudantes presenciaron un Pleno da Cámara; e no Consello introducíuselles nas funcións, competencias e organización desta entidade.