Skip to main content
This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the <a href="http://assets.usc.gal/en/legal-notice">cookies policy</a>.

A Facultade de Filoloxía conmemora o luns o vixésimo aniversario da caída do muro de Berlín

Con motivo do vixésimo aniversario da caída do muro de Berlín a Biblioteca da Facultade de Filoloxía acollerá o luns 9, ás 13:00 horas, un acto conmemorativo onde, ademais de sortearse libros, os estudantes lerán poemas dos escritores da antiga DDR e relatarán experiencias.
A celebración sirve de clausura da exposición ‘Da revolución pacífica á unidade alemá’, patrocinada pola Embaixada de Alemaña en Madrid e organizada polas profesoras do Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá Merlinda Dalipi e Rosa Marta Gómez Pato.

The contents of this page were updated on 11.06.2009.