A Escola de Relacións Laborais de Santiago trata o problema da discriminación
A Escola Universitaria de Relacións Laborais de Santiago organiza a comezos de maio unhas xornadas monográficas abertas a toda a comunidade universitaria nas que se analizará exhaustivamente o problema da discriminación nas relacións laborais.
As xornadas estrutúranse nun primeiro panel de carácter transversal que estudará o significado da discriminación, a súa tradución en principios constitucionais e de Dereito comunitario e as vías procesuais e administrativas para a súa tutela, e nun segundo centrado na incidencia das principais causas de tratamento discriminatorio como son sexo, orientación sexual, orixe racial ou étnica, idade, afiliación sindical e ideas políticas, e relixión ou conviccións.
As xornadas, que contan co patrocinio da Consellaría de Traballo, terán lugar os días 4 e 5 de maio baixo a dirección dos profesores Yolanda Maneiro Vázquez e José María Miranda Boto. Coa inscrición gratuíta, os estudantes da propia Escola e das Facultades de Dereito e de Ciencias Políticas acadarán 1 crédito de libre configuración. As solicitudes deberán cursarse ata o 30 de abril a través dos correos electrónicos yolanda.maneiro [at] usc.es (yolanda[dot]maneiro[at]usc[dot]es) ou josemaria.miranda [at] usc.es (josemaria[dot]miranda[at]usc[dot]es).