Presentación do título de Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
A Escola Universitaria de Relacións Laborais presenta este xoves 16 o título de Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos, que comezará a impartirse no centro lugués a partir do curso 2009-2010.
Ao acto, que terá lugar ás 11:30 horas no Salón de Graos da Escola, asistirán a directora do centro, Mercedes Montes Rodríguez; e o presidente da Fundación Campus Universitario de Lugo, Alfredo Mosteirín Castañer.