Skip to main content

Aberta a matrícula para o 'Curso de especialista en Seguridade Social' en Lugo

O prazo para matricularse no ‘IV Curso de especialista en Seguridade Social’ que se desenvolverá na Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo, os xoves e venres dende o 14 de xaneiro ata o 25 de xuño en horario de 16:00 a 21:00 horas, está aberto ata o vindeiro 13 de xaneiro.
Este curso, organizado pola USC, a Consellaría de Traballo, a Tesourería Xeral da Seguridade Social, o Instituto Nacional da Seguridade Social e o Instituto Social da Mariña, vai dirixido a licenciados en Dereito, diplomados en Relacións Laborais e profesionais de calquera actividade relacionada coa materia.
O curso, de 205 horas de duración, contempla unha parte teórica e outra práctica, co obxectivo de formar aos asistentes na materia de Seguridade Social, dun xeito suficientemente extensivo como para que poidan desenvolverse con certa seguridade, unha vez finalizado o curso, nunha actividade profesional, ben por conta propia ou allea.
A actividade está dirixida pola profesora de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da USC, Lourdes Mella, e coordinado polo profesor titular de Dereito da Seguridade Social e Prácticas da Seguridade Social, na Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo, Antonio García Rojo.

The contents of this page were updated on 12.10.2009.