Skip to main content

This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the cookies policy.

Unha delegación da Universidade Peruana La Molina visita Lugo no marco dun proxecto de ensinanza a distancia

O vicerreitor cos integrantes de delegación da Universidade Peruana La Molina na Vicerreitoría de Lugo
O vicerreitor cos integrantes de delegación da Universidade Peruana La Molina na Vicerreitoría de Lugo

O vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero Latorre, recibiu este xoves a unha delegación da Universidade Nacional Agraria La Molina de Perú. Trátase dunha visita previa a un seminario de formación que se celebrará nos vindeiros días en Santiago e no que a universidade peruana trata de desenvolver un proxecto de Aula Virtual sobre alimentos funcionais.
Os profesores e xestores TIC da Universidade La Molina pretenden coa creación desta Aula Virtual converterse nun referente para outras universidades e institucións latinoamericanas no eido da formación a través da rede. O Instituto de Ciencias da Educación da USC, o Centro de Supercomputación de Galicia e a Aula de Produtos Lácteos colaboran neste seminario sobre Tecnoloxía dos Alimentos que está financiado pola Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.
A profesora e coordinadora do programa, Fanny Emma Ludeña, o profesor de Tecnoloxía Alimentaria, David Carlos Campos, e a profesora e enóloga Beatriz Alma Hatta visitarán este venres o Departamento de Tecnoloxía dos Alimentos do Campus de Lugo e a Aula de Produtos Lácteos.

The contents of this page were updated on 03.01.2007.