Skip to main content

Café-coloquio no Monte da Condesa sobre comercio xusto e alimentación ecolóxica

A sala de coloquios da Residencia Universitaria Monte da Condesa acolle este martes, día 6, a partir das 21:00 horas, un café-coloquio sobre a lóxica alimentaria, comercio xusto e alimentación ecolóxica.
No acto, organizado polos bolseiros de Aula Verde do Sistema Universitario de Residencias en colaboración coa Vicerreitoría de Cultura, participarán María Lidia Senra Rodríguez, do Sindicato Labrego Galego, e Fernanda Couñago Otero, subdirectora da Organización Galega de Cooperación para o Ecodesenvolvemento ‘Amarante’.

The contents of this page were updated on 03.05.2007.