Skip to main content
This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the <a href="https://assets.usc.gal/en/legal-notice">cookies policy</a>.

Continúa aberto o prazo de matrícula para o curso de escrita teatral da Aula de Teatro do Campus de Lugo

O curso monográfico sobre Escrita Teatral organizado dentro das actividades da Aula de Teatro da USC será impartido polo actor Manuel Lourenzo, coñecido popularmente polo seu papel de ‘Melgacho’ na serie de ‘Mareas Vivas’. As clases terán lugar no Salón de Graos da Facultade de Humanidades en horario de 16:00 a 20:00 horas os días 11 e 18 de xaneiro, o 22 de febreiro, o 1 e 29 de marzo e o 12 de abril.
O curso, que conta con 16 prazas, analizará a dramaturxia como fronteira entre a literatura e as artes plásticas. Nel estudaranse as diferentes teorías literarias para entender as diferenzas entre narración e dramatización, a lóxica narrativa, os elementos da estrutura dramática, as leis do conflito, a construción das personaxes e os principios formais da escritura teatral. Paralelamente á teoría explicada se fará un obradoiro de escritura.

The contents of this page were updated on 01.09.2007.