Skip to main content

Julia Rey Brandariz, mellor traballo fin de mestrado en Epidemioloxía e Saúde Pública de 2020

Julia Rey
Julia Rey, no centro da imaxe, nunha imaxe reciente xunto a outras investigadoras da Área de Medicina Preventiva
É un recoñecemento que outorga a Sociedade Española de Epidemioloxía entre todos os traballos realizados nos diferentes mestrados de Epidemioloxía e Saúde Pública realizados en universidades españolas
Santiago de Compostela

Julia Rey Brandariz acaba de ser recoñecida pola Sociedade Española de Epidemioloxía polo seu traballo ‘Mortalidade atribuída ao consumo de tabaco nas Comunidades Autónomas de España, 2017’, dirixido pola profesora Mónica Pérez Ríos, da Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC, e co dirixido por María Isolina Santiago, da Dirección Xeral de Saúde Pública. Rey Brandariz foi recoñecida co premio ao mellor Traballo Fin de Mestrado en Epidemioloxía e Saúde Pública de entre todos os traballos realizados nos diferentes mestrados de Epidemioloxía e Saúde Pública impartidos en universidades españolas. O traballo foi publicado na Revista Española de Cardiología unha das publicacións internacionais máis importantes no seu campo.

Segundo os datos manexados por Julia Rey, no ano 2017 morreron en España 53.825 persoas maiores de 35 anos, un 13% das mortes totais, debido ao consumo de tabaco. Preto dun 30% de todas as mortes atribuídas ao consumo de tabaco foron por cancro de pulmón, seguido de enfermidades cardiovasculares e enfermidade pulmonar obstrutiva crónica. Segundo o estudo de Rey Brandariz, en Galicia rexistráronse máis de 3.600 mortes relacionadas co tabaco durante ese ano, cunha distribución das causas da morte similar á observada no resto de España. Como explica a investigadora, a obtención deste tipo de estimacións, que aplican metodoloxía epidemiolóxica complexa, é de grande utilidade para a formulación de políticas sanitarias dirixidas á prevención e promoción da saúde pública.

The contents of this page were updated on 09.14.2021.