Skip to main content

Acto de graduación da XII promoción do máster universitario en Enxeñaría Ambiental

A promoción 2016-2018 do Máster Universitario en Enxeñaría Ambiental celebra este venres 16 na Escola Técnica Superior de Enxeñaría o seu acto de graduación, que presidirá ás 17.00 horas a vicerreitora de Internacionalización, Almudena Hospido.

Logo da foto oficial, no acto intervirán a alumna Francisca González Durán; a madriña académica da promoción, Carmela Monterroso Martínez; a directora xeral de Calidade Ambiental e madriña de Administración/Empresa, María Cruz Ferreira Costa; o director de ViAQUA, a empresa patrocinadora da titulación, Julio Masid Bande; e o coordinador do Máster e subdirector da ETSE, Francisco Omil Prieto.

The contents of this page were updated on 03.15.2018.