Skip to main content

Max Jean Zins trata este martes na Casa do Saber o colonialismo británico no ciclo ‘Unha viaxe por España a través da India’

Max Jean Zins, na Facultade de Humanidades de Lugo
Max Jean Zins, na Facultade de Humanidades de Lugo
A conferencia, de entrada libre e de balde para todo o público interesado, comezará ás 20.00 horas e estará seguida dun coloquio co profesor ‘ad honorem’ da USC

O profesor ad honorem na Facultade de Humanidades do campus de Lugo da USC Max Jean Zins abordará este martes 20 de novembro, a partir das 20.00 horas, a realidade do colonialismo británico da India no marco do ciclo ‘Unha viaxe por España a través da India’, un programa de relatorios a través do que Max Jean Zins reflexiona sobre as semellanzas advertidas entre estes dous países, ao tempo que tratará outras problemáticas análogas en ambos territorios.

O experto xeopolítico e director de investigación honorario do Centro Nacional de Investigacións Científicas (CNRS) Max Jean Zins, afondará este martes sobre o colonialismo británico nunha sesión que relatará as dificultades advertidas no desenvolvemento deste proceso por parte dos británicos.

A existencia de moi diversas castas entre a poboación local e sobre todo a complexa ligazón entre poder e propiedade das terras, o que daría pé a conxunturas clientelares ou caciquís, por non dicir corruptas, na India da época, serán dos dous aspectos sobre os que fará especial fincapé Max Jean Zins nunha intervención na que tamén reflexionará sobre as situacións análogas percibidas en Galicia e España.

The contents of this page were updated on 11.19.2018.