Skip to main content

O Servizo de Relacións Exteriores actualiza o número de destinos para estadías de doutoramento no programa Erasmus+

O Servizo de Relacións Exteriores actualiza o número de destinos para estadías de doutoramento no programa Erasmus+
O Servizo de Relacións Exteriores actualiza o número de destinos para estadías de doutoramento no programa Erasmus+

O Servizo de Relacións Exteriores da USC (SRE) acaba de actualizar os novos destinos dispoñibles para realizar estadías de doutoramento en universidades europeas baixo o programas Erasmus+. Ata este momento, dezaseis programas de doutoramento da USC estableceron convenios de Mobilidade Erasmus+, permitindo ofertar 114 prazas por curso en 59 destinos europeos. Esta é unha oferta en constante ampliación, aberta durante todo o curso académico.

A actualización inclúe novas prazas para os estudantes de Programas de Doutoramento que xa contaban cunha oferta previa, como os de Enxeñaría Química e Ambiental; en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos; e o programa en Estudos Culturais: Memoria, Identidade, Territorio e Linguaxe. Ademais ofértanse prazas para novos programas, como é o caso das dispoñibles en Investigación Básica e Aplicada en Ciencias Veterinarias do Campus de Lugo.

O Programa de Mobilidade Erasmus+ permite ao estudantado de doutoramento obter unha bolsa de 200, 250 ou 300 euros ao mes (dependendo do país de destino) para realizar estadías de investigación nas diversas universidades participantes no Programa Erasmus+ coas que a USC teña subscrito un convenio. Esta bolsa é compatible con outras que poida recibir o/a estudante. As persoas interesadas poden acadar máis información sobre a convocatoria de Mobilidade na web.

The contents of this page were updated on 10.03.2018.