 
    2022.- Cambiamos para ser os mesmos.
Efectivamente, non hai ningún erro: neste 2022 caeunos parte do nome. Acurtámolo a DivúlgaT porque queremos poñer o foco neses "te", nas persoas que soben ao escenario para contar (cada ano mellor) o seu traballo e amosarnos por que é relevante para todas e todos nós.
Pero polo demais, somos os mesmos facendo o mesmo, así que poñemos en marcha a edición 2022 (7 anos xa!) sabendo que non cómpre unha explicación moi longa.
Cando é?
Os martes 22 e 29 de novembro, a partir das 19:30, na Casa do Saber (Praza Pío XII, Lugo). E como a asistencia é de balde, participes ou non, apúntao na túa axenda para ir como público.
Programa e Participantes
Programa da primeira sesión (22 de novembro, a partir das 19,30 h)
- Os perigos da auga.
 Alejandro Cao Cancelas e Sandra Raposo García.
- Morte na ría: o caso do berberecho da Arousa.
 Marina Pampín Iglesias.
- Detección de marcas de resistencia a parasitos en ostra plana.
 Inés Martínez Sambade.
- Pesos sentinela de canais de vacún sacrificados en matadoiro.
 Fernando Vázquez Miranda.
- Que non che dean galego por francés!.
 Nicolás Mejuto Vázquez.
- Anatomía do pracer.
 Irene Ortiz Leal.
- Zombis, enfermidades e cairomonas.
 Pablo Sánchez Quinteiro.
- Gatos, embarazadas e ratos zombis.
 David García Dios.
Programa da segunda sesión (29 de novembro, a partir das 19,30 h)
- Amor a primeira vista! 
 Nerea Gandoy Fieiras.
- E ti de quen vés sendo?, dille o xenetista á troita. 
 Adrián Casanova Chiclana.
- Migrantes, audiovisuais e redes. 
 Daniel Manuel Vázquez Vila.
- Incendios forestais e herbivorismo pírico. 
 María Rosa Mosquera Losada.
- As árbores non poden correr, pero si adiantar a hora. 
 Gonzalo Pérez de Lis Castro.
- A saúde comeza no intestino.
 Ana Paula Losada García.
- Os inimigos microscópicos: un taller na Noite Galega das Persoas Investigadoras. 
 María Almudena Graña Pena.
- Unha vaca moi intelixente. 
 Uxía Yáñez Ramil.
Un evento que quere amosar o traballo das investigadoras e investigadores deste campus, e potenciar o galego como lingua de comunicación e de divulgación científica. A través de charlas divulgativas duns 10 minutos de duración vannos contar algún aspecto do seu campo de investigación ou dun dos traballos que están a levar a cabo.
Igual ca en anos anteriores, inscribirse dá dereito a asistir gratuitamente a un obradoiro de divulgación científica, impartido por Andrea Muras, finalista da edición 2019 do concurso FameLab España.
A participación en DivúlgaT e mais a asistencia ao obradoiro formativo van ser recoñecidas cun diploma, expedido pola Vicerreitoría de Organización Académica e do Campus de Lugo e polo Servizo de Normalización Lingüística.
Tamén se vai a editar un libro de resumos que recolla os aspectos máis destacados de todas as intervencións das e dos participantes.
