2022.- Cambiamos para ser os mesmos.
Efectivamente, non hai ningún erro: neste 2022 caeunos parte do nome. Acurtámolo a DivúlgaT porque queremos poñer o foco neses "te", nas persoas que soben ao escenario para contar (cada ano mellor) o seu traballo e amosarnos por que é relevante para todas e todos nós.
Pero polo demais, somos os mesmos facendo o mesmo, así que poñemos en marcha a edición 2022 (7 anos xa!) sabendo que non cómpre unha explicación moi longa.
Cando é?
Os martes 22 e 29 de novembro, a partir das 19:30, na Casa do Saber (Praza Pío XII, Lugo). E como a asistencia é de balde, participes ou non, apúntao na túa axenda para ir como público.
Programa e Participantes
Programa da primeira sesión (22 de novembro, a partir das 19,30 h)
- Os perigos da auga.
Alejandro Cao Cancelas e Sandra Raposo García. - Morte na ría: o caso do berberecho da Arousa.
Marina Pampín Iglesias. - Detección de marcas de resistencia a parasitos en ostra plana.
Inés Martínez Sambade. - Pesos sentinela de canais de vacún sacrificados en matadoiro.
Fernando Vázquez Miranda. - Que non che dean galego por francés!.
Nicolás Mejuto Vázquez. - Anatomía do pracer.
Irene Ortiz Leal. - Zombis, enfermidades e cairomonas.
Pablo Sánchez Quinteiro. - Gatos, embarazadas e ratos zombis.
David García Dios.
Programa da segunda sesión (29 de novembro, a partir das 19,30 h)
- Amor a primeira vista!
Nerea Gandoy Fieiras. - E ti de quen vés sendo?, dille o xenetista á troita.
Adrián Casanova Chiclana. - Migrantes, audiovisuais e redes.
Daniel Manuel Vázquez Vila. - Incendios forestais e herbivorismo pírico.
María Rosa Mosquera Losada. - As árbores non poden correr, pero si adiantar a hora.
Gonzalo Pérez de Lis Castro. - A saúde comeza no intestino.
Ana Paula Losada García. - Os inimigos microscópicos: un taller na Noite Galega das Persoas Investigadoras.
María Almudena Graña Pena. - Unha vaca moi intelixente.
Uxía Yáñez Ramil.
Un evento que quere amosar o traballo das investigadoras e investigadores deste campus, e potenciar o galego como lingua de comunicación e de divulgación científica. A través de charlas divulgativas duns 10 minutos de duración vannos contar algún aspecto do seu campo de investigación ou dun dos traballos que están a levar a cabo.
Igual ca en anos anteriores, inscribirse dá dereito a asistir gratuitamente a un obradoiro de divulgación científica, impartido por Andrea Muras, finalista da edición 2019 do concurso FameLab España.
A participación en DivúlgaT e mais a asistencia ao obradoiro formativo van ser recoñecidas cun diploma, expedido pola Vicerreitoría de Organización Académica e do Campus de Lugo e polo Servizo de Normalización Lingüística.
Tamén se vai a editar un libro de resumos que recolla os aspectos máis destacados de todas as intervencións das e dos participantes.