Mary Beard
Catedrática de Historia e Literatura do Mundo Antigo na Universidade de Cambridge. Os seus inicios como investigadora situáronse no ámbito da historia das relixións para, a continuación, centrarse en aspectos máis visuais do mundo antigo. A súa defensa de Roma como un imperio multicultural áchase no centro do que é o seu libro máis coñecido SPQR: A History of Ancient Rome.