Skip to main content

Servizo de Toxicoloxía Condutual

O grupo de Toxicoloxía Condutual está composto por un equipo de expertos toxicólogos especializados na determinación analítica de substancias psicoactivas cuxo efecto sobre o comportamento humano pode ter graves consecuencias, tanto para o propio individuo como para a sociedade.

Imagen de PublicDomainPictures en Pixabay

Os principais campos de aplicación, no momento actual, son:

  • Control de drogas no tráfico rodado: O equipo, dirixido polo profesor Manuel López-Rivadulla, foi pioneiro na posta a piques de métodos analíticos para a determinación de drogas en saliva. Foi, ademais, o único participante español nos proxectos europeos ROSITA e DRUID, puntos de partida para a posta en marcha do control de drogas no tráfico nos países da Unión Europea, incluída España.
  • Control de drogas no ámbito laboral: É un campo de crecente interese, sobe todo naqueles   postos de traballo especialmente sensibles en canto a esixencias de seguridade (pilotos, condutores de vehículos de pasaxeiros, operarios de maquinaria pesada, #etc…) .
  • Control da exposición a drogas intraútero: A exposición do feto a drogas é un problema de dimensións aínda descoñecidas, pero que preocupa á comunidade científica, porque falta moito por investigar sobre os efectos tanto a curto como a longo prazo. A posta a piques de métodos analíticos para a determinación de substancias psicoactivas en placenta, meconio e cordón umbilical, como ferramenta básica para este fin, foi un dos nosos obxectivos.
  • Confirmación analítica de intoxicacións agudas clínicas: O diagnóstico de confirmación dunha intoxicación aguda require da obtención de mostras biolóxicas, principalmente sangue e ouriños, cuxas análises achegará información valiosa para o clínico, e nalgúns casos permitiralle orientar o tratamento.
  • Estudo analítico de casos de submisión química: A realización deste tipo de probas leva a cabo non só nas matrices biolóxicas clásicas, como o sangue e os ouriños, senón tamén nas matrices alternativas, como a saliva, o pelo, a suor e as uñas. A instrumentación utilizada está baseada en procesos de separación (Cromatografía de gases e Cromatografía de Líquidos), axustadas a espectrometría de Masas de triplo cuadrupolo.
The contents of this page were updated on 04.24.2024.