O Centro de Estudos Fílmicos da USC pretende desenvolver proxectos de investigación sobre as artes audiovisuais dende presupostos históricos, lingüísticos, ficcionais e sociolóxicos, ademais de impulsar e coordinar as liñas de investigación xa existentes.
O Centro aspira á organización de cursos de posgrao e de especialización e á promoción do estudo das relacións do audiovisual con outras esferas do saber humano. Para levar a cabo e divulgar as súas actividades, asinaranse convenios con outras institucións, de maneira que se poida garantir a intervención do CEFILMUS na formación integral neste ámbito da comunidade universitaria de Santiago de Compostela e Lugo e nun contorno social máis amplo.
Contacto
Facultade de Xeografía e Historia
Dpto. Historia da Arte (Historia do Cine). Despacho 017
Praza da Universidade, 1
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: 881 812 709 Fax: 981 559 941
Correo electrónico: cefilmus [at] usc.es (cefilmus[at]usc[dot]es)