Contacte con nós
Se vostede non ten un contacto directo, ou non coñece un grupo de investigación ao que se dirixir, a Área de Promoción e Estratexia Científica pode asesoralo.
Se busca con quen desenvolver un proxecto de investigación ou innovación tecnolóxica, encargarémonos de identificar os grupos de investigación con maior experiencia, formular o seu problema, ver a súa dispoñibilidade, organizar as primeiras reunións e apoiar na negociación dos acordos de colaboración.
Pode escribirnos ao correo: investigacion.colaborativa [at] usc.gal (investigacion[dot]colaborativa[at]usc[dot]gal) e contarnos cal é o problema ou o reto para o que precisa colaboración, ou utilizar este formulario. Estudaremos as súas necesidades e nun breve prazo de tempo porémonos en contacto con vostede.